Un curso de Tequexetéldere impartido por Montse Rivera.
Bailes únicos, con Montse Rivera
€20,00
5 dispoñibles
5 dispoñibles
Descripción
Bailes únicos, con Montse Rivera. Catro bailes cun caracter diferenciador
Un curso de Tequexetéldere impartido por Montse Rivera.
Horario: Domingos de 21:00 a 21:50 h
Duración: 6 sesións
Días:
- Marzo: 28
- Abril: 4, 11, 18 e 25
- Maio: 3 (luns)
Non che vai ben o horario?
Non te preocupes, todas as sesións serán gravadas por se non podes conectarte en directo, e terás acceso a elas mentres dure o curso.
Nota: o curso podería sufrir algún cambio de día, avisado previamente, debido a compromisos artísticos por parte da profesora.
Prezo: 20 euros
Curso para iniciadxs no baile galego
Descrición:
Para os que saiban bailar e queiran aprender algo novo, Montse Rivera proponnos un curso no que compartirá cos asistentes o que aprendeu nos seus moitos anos de recollida sobre catro bailes que posúen un carácter peculiar e diferenciador, indo un pouco máis alá da xota e da muiñeira que todos coñecemos.
Así, saberemos da Regueifa, que se bailaba nas vodas; do Vira de Bembibre, clara mostra de como as persoas gustaban no tempo de lecer de intercambiar xeitos de bailar; dun baile no que un só home baila acompañado de sete mulleres e que, entre outros nomes, ten o de Rabela; e da Carballesa, que sen sabermos moi ben por que, só se conservou en tres concellos de Galicia.
Animádevos a participar e descubriredes un pouco máis da apaixoante tradición cultural da nosa Galicia que non debemos deixar que caia no esquecemento.
O curso estructúrase da seguinte forma
- 2 Sesións adicadas a Carballesa.
- 2 Sesións adicadas a Regueifa como baile de voda.
- 1 Sesión vira de Bembibre.
- 1 Sesión sesión adicada a muiñeira bailada por un home e sete mulleres.
Montse Rivera
Mestra de baile, pandeireta e canto tradicionais en diversas agrupacións folclóricas, entre as que se atopan Cantigas e Agarimos e Brincadeira.
Desde o ano 1989, formo parte do grupo de pandeireteiras Leilía que ten publicados 5 traballos discográficos, realizado concertos en diversos países e colaborado en innumerables traballos discográficos e audiovisuais con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Brigada Victor Jara, José Nieto, Emilio Cao, etc.
Posúo un valiosísimo arquivo audiovisual, compartido con Felisa Segade, froito de máis de 30 anos de investigación etnográfica por toda a xeografía galega (vestiario, tradición oral, musical e baile), ao que se engade a participación en congresos, cursos e conferencias relacionadas coa cultura e tradición galega.
Tamén formo parte do grupo Pesdelán co que teño dous traballos publicados.
Actualmente compaxino a miña vocación docente coa actividade artística en Leilía e Pesdelán, o proxecto As Armadanzas e así como o espectáculo Contoche un traxe.