Home/Pandeireta/Con Felisa en liña, a ritmo de muiñeira

Con Felisa en liña, a ritmo de muiñeira

Esgotado

Un curso de Tequexetéldere impartido por Felisa Segade.

Categoría:

Descripción

Con Felisa en liña, a ritmo de muiñeira: Toques e xeitos da pandeireta nas catro provincias galegas.

Un curso de Tequexetéldere impartido por Felisa Segade.

 

Horario: Domingos de 20:30 a 21:10 h

Duración: 6 sesións

Días:

  • Xaneiro.- 31
  • Febreiro.- 7, 21 e 28
  • Marzo.- 7 e 21

 

Non che vai ben o horario?

Non te preocupes, todas as sesións serán gravadas por se non podes conectarte en directo, e terás acceso a elas mentres dure o curso. 

Nota: o curso podería sufrir algún cambio de día, avisado previamente, debido a compromisos artísticos por parte da profesora.

 

Prezo: 20 euros

Curso para xa iniciadas e iniciados na pandeireta

Descrición:

Este curso pretende amosar e traballar, sen pretender ser exaustivo nin abarcar un todo heteroxéneo, con diferentes patróns de muiñeira atopados e estudiados en traballos de campo en toda Galicia. Aínda que as diferentes clasificacións que se poidan elaborar non sempre se acomodan a unha división provincial, utilizámola neste caso como ferramenta guía, facendo para cada caso as apreciacións e diferenciacións pertinentes.

Ademais de traballar con patróns rítmicos, veremos tamén que estes poden amosar diferentes matices e  sonoridades en función do lugar que se estudie, ou da persoa que toca a pandeireta que utilizamos como fonte primaria, aínda que os poidamos asociar a unha ou varias  zonas ou áreas determinadas.

Comezaremos a viaxe pola provincia da Coruña, achegándonos a riscadas, empuñadas e cabalgadas, tamén a patróns e xeitos batendo coa man hábil na pandeireta, que tamén se atopa no norte da provincia de Pontevedra, diversa e rica tamén en canto ao tema que nos ocupa. En Ourense atoparémonos coa serra do Suído, e tamén con outras áreas da provincia con xeitos ben atractivos. Cando nos acheguemos á área centro oriental da provincia de Lugo, veremos que a súa pandeireta é moi grande e se chama comunmente pandeira, aínda que tamén pandeireta en moitos lugares.

O curso desenvólvese en 6 sesións de 45 minutos de duración en modo en-liña, e poderase seguir en directo ou en calquera momento posterior. Os primeiros minutos de cada sesión (a excepción da primeira) dedicaranse a clarexar as dúbidas que formulará o alumnado despois de cada unha delas.

 

Felisa Segade

Artista punteira no campo da música tradicional galega, de formación autodidacta, Felisa Segade leva dende o ano 86 adicando gran parte do seu tempo a facer recollidas de campo das que se nutren tanto os seus traballos musicais coma docentes.

É membro dende 1989 dos grupos LEILÍA e BRINCADEIRA e dende 2014 do grupo TRES PESOS. A súa discografía é ampla, tanto nos seus grupos como en colaboracións (Milladoiro, kepa Junquera, Os diplomáticos de Monte alto, Guadi Galego…) ou producciós musicais de outros (Arreixeira, A Subela).

Como representante dalgunhas das máis representativas agrupacións de música tradicional, recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan o Premio Agapi 1999 á mellor banda sonora pola curtametraxe A rosa de pedra, o Premio Galicia en feminino 2001 (outorgado pola xunta de Galicia), ou o Premio da Academia das Artes e das Ciencias da Música 2004 á mellor canción en galego por pedras contra tanques.

Compaxina a súa actividade musical coa docente, impartindo cursos de percusión, canto e danza tradicional, non só en Galicia senón tamén en Euskadi, Cataluña, Bélxica, Alemaña, Suiza, Portugal…