Home/Baile/Curso de Perfeccionamento ao Baile Galego

Curso de Perfeccionamento ao Baile Galego

Esgotado

Curso de Perfeccionamento ao Baile Galego

Categoría:

Descripción

Curso on line de perfeccionamento ao baile galego

“TABEIRÓS E TERRA DE MONTES”

Un curso de Tequexetéldere impartido por Javier Sanmartín

Horario: Martes de 21.00 a 21.50 h

Duración: 2 meses (8 sesións)

  • Novembro -> 17 e 24
  • Decembro -> 1, 7 (luns), 15, 22 e 29
  • Xaneiro -> 4 (luns)

Prezo: — euros

Prazas limitadas

 

Este obradoiro está proxectado para aquelas persoas con coñecementos previos no baile tradicional galego que queiran ampliar os seus coñecementos e disfrutar das tradicións dunha comarca, a de Tabeiros e Terra de Montes, no que o baile e a música tradicional tiveron unha fundamental trascendencia nas súas xentes e no seu acontecer.

Terra dos Gaiteiros de Soutelo e dos emblemáticos requinteiros Os airiños da Ulla, entre outros, sempre foi zume de esencia galega e de forte enraizamento coas nosas tradicions, polo cal, era necesario sintetizar e transmitir unha formación especifica baseada en traballos de campo e investigacións realizadas en diferentes aldeas e vilas galegas repartidas polos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo.

Daremos a coñecer e achegarémonos ás tradicións en forma de baile e música tradicional galega a través das diferenzas de expresión e identidade segundo a variabilidade xeográfica dentro das terras de Tabeirós e Terra de Montes.
Baile solto con combinación das diferentes estructuras que se realizaban no torreiro, tendo como base rítmica as diferentes melodías e músicas tradicionais de informantes galegos desta comarca.
Creación dun espazo de diversión e transmisión da nosa cultural tradicional galega en liña en tempos de especial dificultade de xuntanzas sociais.

METODOLOXÍA

  • Oito sesións practicas en liña de 50 min de duración os Martes de 21:00 a 21:50 horas, a través da plataforma Google Meet.
  • Espazos e encontros en liña con exposicións teóricas e coloquio entre os e as bailadoras.
  • Foliada virtual como remate do Obradoiro.

 

 

JAVIER SANMARTÍN LÓPEZ

A súa andaina no baile e na música tradicional se produce dende moi novo na escola e posteriormente no grupo oficial de baile da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Imparte as primeiras aulas en dita escola de muiñeira chegando posteriormente á dirección do grupo de baile desta Agrupación. Asemade, inicia novos sendeiros como mestre de baile e música tradicional en diferentes Agrupacións e Asociacións culturais galegas e no exterior, como a da Escola de baile e música tradicional de Dumbría ,Centro Social de Cee, CEIP de Carnota, CEIP de Dumbría, Escola de baile do Centro Cultural A Ponte Vella de Reis, Escola de baile da Agrupación Tequexetéldere da Estrada e grupos da Galiza exterior…

Actualmente dirixe o grupo oficial de baile do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo ( 2007-Actualidade ), o grupo de baile Tequexetéldere da Estrada ( 2009-Actualidade ) e o grupo de baile da Agrupación Folclórica Cántigas e Frores de Lugo ( 2015- Actualidade ).

A súa dedicación ó ensino ten como base a investigación de tradicións en torno á música e ó baile tradicional, a través da recolleita e recopilación en diferentes vilas e aldeas galegas. Esta afección polas nosas tradicións fai posible a realización e dirección de diferentes experiencias e mostras etnográficas como o espectáculo de raíz ” Lenda ” ( CC. A Ponte Vella 2018-2020 ), “ O son do sabugueiro ” ( C.C. A Ponte Vella 2015-2017 ), “ Voa ” ( Tequexetéldere 2016-2017 ), Gala XXV Aniversario Tequexetéldere ( 2015 ), Gala etnográfica “ Como cho conto ” ( Cantigas e Agarimos 2010 ), Gala etnográfica “ Lela ” ( Cantigas e Agarimos 2011-12 ), “ O Casamento”. ( C. S. de Cee 2007 ) ou a mostra “ O Serán ” ( E. M. Dumbría 2005-2006 ), entre outros.

Por último indicar a realización de diversos talleres en festivais e obradoiros de cultura tradicional en Galiza, Portugal, Barcelona, Italia, Bélxica ou Francia.