Home/Gaita/Curso de Mantemento e Afinación da Gaita Galega

Curso de Mantemento e Afinación da Gaita Galega

Esgotado

Curso de Mantemento e Afinación da Gaita Galega

Categoría:

Descripción

Curso on line “Mantemento e afinación da gaita galega”

Un curso de Tequexetéldere impartido por Suso Vaamonde

Horario: Domingos de 21.00 a 22.00 h

Duración: 2 meses (8 sesións)

  • Novembro: 22 e 29
  • Decembro: 6, 13, 20 e 27
  • Xaneiro: 3 e 10

Prezo: — euros

Prazas limitadas a 8 alumnos

 

Palletas, pallóns, corchos, fíos… cantos gaiteiros/as que saben tocar unha morea de cancións, non obstante, descoñecen as pautas básicas para facer un correcto mantemento e afinar o seu instrumento?

Neste curso semipresencial aprenderás a afinar correctamente o teu instrumento e a facerlle o mantemento necesario básico para telo sempre a punto.

Coñecerás os últimos materiais empregados para facer todos os compoñentes dunha gaita do século XXI: pallóns de PLA con láminas de fibra de vidro, gaitas de POM, METACRILATO, PET, válvulas de corte, buxas de cierre… E descubrirás ventaxas e inconvintes das palletas e pallóns de plástico e de cana.

Suso Vaamonde ensinaráche maneiras, métodos e habilidades para que aprendas a ter o teu instrumento sempre nas mellores condicións para o seu uso e disfrute.

 

Metodoloxía

  1. As clases serán de 60 minutos semanais, por medio da plataforma Google Meet.
  2. Nesta clase o mestre dará información sobre afinación e correcto mantemento da gaita en xeral, e de todos os seus compoñentes en particular.
  3. O mestre expoñerá un tema en concreto. Por exemplo: enfiado da palleta. Tratará a principal problemática, aportará as diferentes solucións ao mesmo, e, unha vez ensinado cómo se aplica a solución, cada alumno fará o propio baixo a supervisión do mestre.
  4. A duración do curso será de dous meses (8 clases).
  5. As clases terán un máximo de 8 alumnos

 

 

SUSO VAAMONDE

Suso Vaamonde Manteiga, Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares (Visantoña, 1970) é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.

Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego Rey de Viana, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío Vaamonde, Lamas e Romero… Actualmente desenvolve a súa actividade musical principalmente no coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”, no espectáculo De tradición con Suso Vaamonde (Suso Vaamonde con banda de música) e 24 Instrumentos Populares (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).

Foi Mestre de Música Tradicional do IGAEM (actualmente AGADIC), e músico colaborador do Centro Coreográfico Galego, tanto na interpretación de instrumentos como na impartición de talleres e obradoiros didácticos.

Ten impartido diversos cursos de técnica e afinación de gaita galega (Casa de Galicia de San Sebastián, A.F.C. Cantigas e Frores, Asociación Cultural de Folclore Tradicional Ourensá, Academia Escola da Vaca, do Ferrol, Cursos de Especialización para a Galicia do Exterior en Santiago de Compostela…).

Destaca ademais no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A meirande parte da súa obra está gravada por él mesmo en diversas publicacións discográficas.

Acadóu diversos premios como solista: Gañador do Concurso de Gaita Constantino Bellón nos anos 1992 e 1997, gañador do Premio LUAR 2000 como Mellor grupo de música tradicional…

Ten participado en máis dunha veintena de gravacións discográficas e publicado varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega -4 en total-, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, Revista de Etnomusicoloxía, Pel e Madeira I e II…)

O 2 de agosto de 2005 foi o único gaiteiro solista encargado de interpretar a Marcha do Antigo Reino de Galiza na Toma de posesión do Presidente da Xunta, don Emilio Pérez Touriño.

Participou tamén como gaiteiro solista nos actos de conmemoración do “25 Aniversario do Parlamento de Galicia”, tanto na apertura coma na clausura, que tiveron lugar os días 14/12/2005 e 19/12/2006 respectivamente.

Colaborou como xurado e músico no programa da TVG “LUAR” no concurso Vai de gaita infantil durante as tempadas 2014-2015, e 2015-2016, promovendo a difusión dos instrumentos populares galegos interpretados por nenos menores de 13 anos.

Na actualidade é o Director, Profesor e Coordinador da “Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde”, en Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Tamén é Mestre de instrumentos populares na “Escola de Música Tradicional do Concello de Outes”; na asociación “ASMUBE”, de Betanzos; na asociación “Hai que Roelo”, de Cuntis; na asociación “Amigos da Música”, de Salceda de Caselas; e na “Aula Permanente de Instrumentos Populares” da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra. Foi Mestre de Zanfona na “TRADESCOLA”, en Lugo dende outubro de 2017 ata xuño de 2019.