Home/Baile/De baile por Galicia

De baile por Galicia

Esgotado

Un curso de Tequexetéldere impartido por Luis Prego

Categoría:

Descripción

De baile por Galicia

Un curso de Tequexetéldere impartido por Luis Prego

Horario: Martes de 21.00 a 21.50 h

Duración: 2 meses (8 sesións)

  • Xaneiro -> 19 e 26
  • Febreiro -> 2, 9, 16 e 23
  • Marzo -> 2 e 9

Non che vai ben o horario?
Non te preocupes, todas as sesións serán gravadas por se non podes conectarte en directo, e terás acceso a elas mentres dure o curso.

Prezo: — euros

Prazas limitadas

IMPORTANTE: CURSO PARA XA INICIAD@S NO BAILE GALEGO

Descrición

8 comarcas, 8 xeitos de bailar

Neste obradoiro de baile afondaremos no xeito de bailar en 8 comarcas diferentes, facendo e desfacendo os puntos, picados e paseos máis representativos do baile tradicional en cada zona da xeografía galega. Veremos movementos e coreografías da comarca coruñesa de Bergantiños, das montañas lucenses do Caurel ou dos Ancares, do Condado pontevedrés, da Serra do Suído ourensán… Prestaremos atención as cadencias do corpo e aos pulsos do baile, que veñen dados polas músicas propias de cada lugar, e tamén aos estilos persoais das bailadoras e bailadores portadores e transmisores desta sabedoría popular.

Os obradoiros impartidos serán os seguintes:

-BERGANTIÑOS

-SUIDO

-O CONDADO

-OS ANCARES

-SANTIAGO

-TERRA DE MONTES

-TERRA CHÁ

-XALLAS

 

Luís Prego Fernández

Mestre de baile e música tradicional dende 1989. Comezou no mundo da danza a idade de catro anos, na escola do prestixioso grupo vigués Lembranzas Galegas.

Estudoso e investigador do folclore tradicional galego. Autor dos libros “Para cantar e bailar” (Ed. do Cumio, 2008), e “Xogos musicais” (Ed. do Cumio, 2013). Ten participado en numerosas conferencias e escrito sobre o folclore tradicional en varias revistas especializadas. Creador e administrador da páxina de Facebook “Baile e múscica de Galiza”, adicada a difundir os traballos de campo realizados por toda a xeografía galega dende finais dos 80 ata a actualidade. Creador e administrador da páxina “Un punto ao día con Luís Prego”, feita para ensinar e divulgar a riqueza dos pasos do baile solto en Galiza.

Foto de SeteVaras

Fundador e primeiro director do grupo O Fiadeiro de Vigo. Director dos grupos “Albendeira”, “Tralovalo” e “Adonairare” entre outros. Director do Orfeón Mariñeiro do Berbés (da A.VV. do Casco Vello de Vigo). Ex-director dos grupos “Brincadeira” de Santiago de Compostela e “A Buxaina” de Vigo.

Membro do grupo de música folk “Ardentía” co que xa ten gravados cinco traballos, “Ardentía” Ed. do Cumio 1998, “Retellando”, Ed. do Cumio 2002, “Quince anos de Viaxe” Ed. do Cumio 2005, “Vintage” Producións Murgaliza 2011, e “Adiante”, Inquedanzas sonoras 2015. Tamén colaborou con varios traballos discográficos como músico ou asesor, tales como “In Mare”, Ed. do Cumio, 03, ou “Se non fora por quen baila”, Brincadeira 05, “Orfeón Mariñeiro do Berbés”, Inquedanzas sonoras 2016.

Ao longo da súa traxectoria ten impartido cursiños e aulas de música e baile tradicional en numerosos centros galegos da diáspora: Arxentina, Perú, Brasil, Francia, España e Portugal.

Na actualidade continúa a súa actividade docente nas disciplinas de gaita, requinta, acordeón, percusión, baile tradicional, canto tradicional e canto coral.

Recibiu recoñecemento público pola súa traxectoria profesional no “X Día do orgullo gaiteiro” , organizado pola AOFT Gomes Mouro, e no “75 Festival de música tradicional Os Alegres”, organizado polo grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra.