Home/Pandeireta/O pandeiro cadrado, con Noemi Basanta

O pandeiro cadrado, con Noemi Basanta

20,00

Esgotado

Un curso de Tequexetéldere impartido por Noemi Basanta.

Esgotado

Categoría:

Descripción

O pandeiro cadrado, con Noemi Basanta. Técnica e xeitos de tocar o pandeiro cadrado.

Un curso de Tequexetéldere impartido por Noemi Basanta.

 

Horario: Xoves de 21:00 a 21:45 h e un martes de 21:00 a 21:45 h

Duración: 6 sesións

Días:

  • Marzo – 23 (martes) e 25 (xoves)
  • Abril – 8, 15, 22 e 29 (xoves)

 

Non che vai ben o horario?

Non te preocupes, todas as sesións serán gravadas por se non podes conectarte en directo, e terás acceso a elas mentres dure o curso.

 

Nota: o curso podería sufrir algún cambio de día, avisado previamente, debido a compromisos artísticos por parte da profesora.

 

Prezo: 20 euros

Recomendable ter coñecementos de percusión tradicional de man (pandeireta ou pandeira)

 

Descrición:

Este curso procura realizar un achegamento ao pandeiro cadrado desde diferentes perspectivas.

Reflexionaremos sobre a morfoloxía e tipoloxía do instrumento, coa vontade de que os/as asistentes poidan valorar diferentes sonoridades. Apoiándonos en publicacións previas, tamén analizaremos a escasa presenza do pandeiro no contexto galego, que contrasta coa doutras zonas da Península Iberica.

Finalmente, faremos un percorrido por diferentes ritmos e melodías, ofrecendo recursos técnicos que axuden a resolver posíbeis problemas. A finalidade última é fomentar a autonomía do alumnado e mellorar o seu xeito de tocar. Por ese motivo, as directrices estarán ao servizo do repertorio tradicional mais colocando en primeiro plano, por enriba das peculiaridades de cada zona ou informante, a destreza e a solvencia co instrumento.

O curso desenvólvese en 6 sesións de 45 minutos de duración en modo en-liña, e poderase seguir en directo ou en calquera momento posterior. Os primeiros minutos de cada sesión (a excepción da primeira) dedicaranse a clarexar as dúbidas que formulará o alumnado despois de cada unha delas.

 

 

Noemi Basanta

Noemi Basanta é doutora en lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular de lingua galega e literatura no ensino medio. Compaxina esta faceta coa de música e compiladora. Nos últimos anos, impartiu obradoiros e aulas de canto con percusión en diversas asociacións do país e dirixe o grupo de pandereteiras da A. C. Cántigas e Frores de Lugo desde 2015.

A súa labor como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela, levouna a presentar conferencias dentro e fóra do contexto galego nas que explorou a variábel de xénero na lingua, na música e na literatura popular en universidades como a Complutense de Madrid, a Universidade de Deusto ou a de Salamanca, entre outras.

Participou como vocalista, percusionista e bailadora do grupo Leña verde de Pol. Froito dese traballo sería o álbum “A Contratempo” (2010). Na actualidade, forma parte de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, con quen editou “The tambourine man” (2015), “Noró” (2017) e “As Catedrais Silenciadas” (2020).